MAGÍN BLANCO

Magín Blanco é un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador de A nena e o grilo (OQO 2011), A nena e o grilo nun barquiño (Fol música 2013) e outras composicións que forman parte de edicións como María Fumaça (Ed. Galaxia 2012), Rosalía Pequeniña (Ed. Galaxia 2013), Canta o Cuco, con Uxia Senlle (Ed. Galaxia 2014) e Gatuxo (Ed. Fol música 2015). Despois do éxito acadado co espectáculo “A nena e o grilo nun barquiño”, co que realizou máis de un cento de actuacións durante a súa xira consolidándose como a proposta escénica infantil con maior repercusión nos últimos anos en Galicia, Magín chega agora con unha nova creación, O Camiño dos Paxaros, un espectáculo músico teatral que resulta do seu novo libro-disco “Camiños” (Ed. Fol música, 2017). Que actualmente se atopa presentando.