Estrafalaria

Narración oral e monicreques | Infantil e familiar (+3)| 50 Min

SINOPSE

María e os ollos alabarados é un espectáculo para todos os públicos a partir da obra de María Victoria Moreno. A través de diversos relatos e fragmentos da súa obra (“Mar adiante”, “Pan con chocolate”, “Querida avoa”, “Leonardo e os fontaneiros” ou “Eu conto, ti cantas”), tentaremos percorrer o universo da autora, poñendo de manifesto os temas máis relevantes dos seus escritos; como a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais. Esta peza tenta achegarnos ós saberes e sentires de María Victoria Moreno, a súa esencia.

Unha moza viaxa polos seus recordos infantís. Lembra o seu paso pola escola, os veráns na casa de Vilariño, acórdase da mestra María. Aquela muller de chapeu e grandes lentes que tantas historias lle tiña contado. Recorda aquelas conversas que tiñan sobre a importancia dos anos que estaban a vivir e a necesidade de deixar ben escrito este capítulo das súas vidas. Ou o balbordo que armou o director cando escoitou á muller do pucho dicir: -que a táboa do sete non servía para ter conta das gaivotas-. Había quen dicía que se trataba dunha escritora coñecida. A moza non sabía si a mestra era famosa ou non, do que si estaba segura era de que tódalas historias foran inventadas por aquela agarimosa muller.

FICHA ARTÍSTICA

Actriz/ Manipuladora: Atenea García
Construción monicreques: Nicolás Zamorano
Produción: Xarope Tulú

Pin It on Pinterest

Share This