TEATRO Ó CUBO

Teatro ó cubo xurde en 2016 a partir das forzas creativas de tres artistas: Sofía Espiñeira, Roberto Casal Mouriño e Fredi Muiño. Sofía, Roberto e Fredi fórmanse cada ún en diferentes disciplinas. Co teatro actoral como eixo común pasando pola danza, o circo, os títeres e a música, estes tres artistas conforman unha compañía multidisciplinar. Os tres comparten xunto con J-L Baños de Cos un espazo creativo que lles sirve á vez de local de ensaio e de lugar no que poñer en común as súas inquedanzas. Neste espazo de convivencia e baixo este pretexto, o de sumar e formar equipo, nace a compañía Teatro Ó cubo. J.L Baños de Cos é o autor da súa ópera prima, O Faiado, que Sofía, Roberto e Fredi traducen ao teatro baixo a dirección de Pablo Sánchez “Pablísimo”.

En verán de 2018 estrean e xiran coa súa máis recente creación, GHOP! Un espectáculo de circo e clown no que tamén intervén o mago Noel Fandiño.

Pin It on Pinterest

Share This