Zampón, o lambón

Cabezudos e Teatro actoral | Infantil e familiar | 60 Min

SINOPSE

Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se misturan actores con figuras grandes e monicreques para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo. Un espectáculo de xigantes, cabezudos, monicreques e actores. O xigante Zampón rouba a palabra foliada dos soños dos nenos de Ledicia. O investigador Brais Buscamáis e Chispín, músico de banda que se dirixía a tocar á festa de Ledicia, lanzaranse á procura do xigante. Mais antes de atopalo terán que superar algunhas probas. Finalmente lograrán entrar na casa de Zampón e adormecelo cunha palabra-somnífero. Unha vez durmido, Brais e Chispín ábrenlle o bandullo e conseguen recuperar a palabra roubada para o pobo de Ledicia.

FICHA ARTÍSTICA

Autor e director: Inacio Vilariño
Composición musical: Iago Mouriño
Actores músicos: Inacio Vilariño, Luís Iglesias, Fran Lareu, Vanesa Maceiras
Deseño escenografía: Luis Iglesias e Inacio Vilariño
Vestiario e atrezzo: María Chenut

Pin It on Pinterest

Share This